Noticias

Agora Reciclar en Ames ten premio a través da Tropa Verde

[07-03-2017] O Concello de Ames a través da empresa Teimas Desenvolvemento, e en colaboración coas empresas Urbaser e FCC, puxeron en marcha o proxecto Tropa Verde. Esta iniciativa, que foi presentada esta mañá no Punto Limpo do Milladoiro, pretende concienciar aos veciños de Ames da importancia da reciclaxe e a correcta xestión dos residuos. Ao mesmo tempo poténciase o comercio local. O proceso para participar é moi sinxelo. Os participantes teñen que inscribirse a través da web tropaverde.org. Cando leven os seus residuos ao Punto Limpo, obterán un cheque con un código que deberán introducir na mesma web. Entón, recibirán uns puntos, chamados “estrelas”, que se poderán canxear por produtos e descontos no comercio e na hostalería local. A Tropa Verde está a ter unha excelente acollida entre os comerciantes, xa se conta cunha rede de máis de 63 establecementos colaboradores.

Leer máis