Lugo e Tropa Verde: concienciación ambiental e reciclaxe con espírito do Nadal

Recolléronse 2.548 xoguetes en bo estado e non bélicos



18eead0722e1217b86b3db0c4574797b618dc5e6
A semana pasada concluía a primeira das actividades de "Reciclar na escola ten premio" no Concello de Lugo. Os resultados desta campaña de concienciación ambiental e fomento da reciclaxe entre os máis pequenos son 2.548 xoguetes que, grazas á colaboración entre o consistorio lucense, Tropa Verde e a Cruz Vermella; poderán ser reutilizados e chegar a nenos menos favorecidos este Nadal.

"Reciclar na escola ten premio" é unha das actividades de Tropa Verde na capital lucense. A iniciativa nace co obxectivo de impulsar a responsabilidade ambiental entre os alumnos dos centros educativos da cidade a través de actividades de gamificación, como a recentemente finalizada campaña de recollida de xoguetes, e de formación en materia ambiental ou boas prácticas de separación, reutilización e reciclaxe de residuos domésticos. 

Pode reciclarse un xoguete? Os estudantes de primaria, ademais de empregarse a fondo para alcanzar o posto máis alto no ránking de clases e colexios, achegando unha media de 3,5 xoguetes por alumno; viron respostadas tamén dúbidas que foron xurdiron durante o desenvolvemento dos talleres organizados, como: Cal é a diferenza entre reciclar e reutilizar? Que podo levar a un punto limpo?  Que é iso de Multi-R? Tanto eles, como as súas nais e pais e o equipo educativo mostraron á súa conclusión a satisfacción por ter unha oportunidade para achegar algo máis durante estas datas.

Das 31 clases participantes, un total de 715 alumnas e alumnos, os máis concienciados coa reutilización de xoguetes resultaron xustamente dous dos grupos de 3º de primaria, os máis pequenos de entre os participantes. Os gañadores, 3º A de o CEIP Rosalía de Castro,  3ºA  e 4º do CEIP A Ponte, confirmaron que, efectivamente, os máis novos son os máis indicados para dar un xiro cara  unha sociedade máis verde e responsable co medio ambiente. 

Ao longo do próximo ano, as actividades continuarán nos centros educativos de Lugo a través das actividades de "Reciclar na escola ten premio", pero a estes tamén se unirán os centros das cidades de Redondela e Ames, municipios que onde en 2017 "Reciclar terá premio" grazas a Tropa Verde.  

O ránking completo da campaña e máis información sobre as actividades no portal do proxecto.

SOBRE TROPA VERDE

Tropa Verde é un proxecto de concienciación ambiental de base tecnolóxica desenvolvido pola startup compostelá Teimas. Os cidadáns inscritos na plataforma reciben puntos cada vez que realizan accións responsables medioambientalmente, como: depositar adecuadamente residuos domésticos nos puntos limpos locais ou asistir a eventos sobre sustentabilidade. Os puntos recibidos pódense intercambiar por distintas recompensas e premios que entregan os establecementos patrocinadores, o que activa o comercio local. 

Vía: Gestores de Residuos
Foto de Andreu Romaní Fotografía
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando