Xornada «O papel das cidades na Economía Circular»

Xornada con motivo da clausura da campaña "Longa vida aos teus residuos electrónicos"

Ce3532144373c7b1b05bdc607e4afea47e626829

O vindeiro 6 de marzo de 2018 no edificio CERSIA en Santiago de Compostela realizarase a xornada «O papel das cidades na Economía Circular» con motivo da clausura da campaña "Longa vida aos teus residuos electrónicos" 

Nesta xornada contarase con relatores de alto nivel que falarán dos novos retos das cidades relacionados coa economía circular, o cambio climático e os residuos electrónicos.

Esta xornada enmarcase dentro da campaña de recollida de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos que levamos a cabo en Santiago de Compostela co gallo de mellorar os índices de recollida desta categoría de residuos e aumentar as súas porcentaxes de reutilización e reciclaxe.

Pódese tamén formalizar a inscrición enviando un correo electrónico a comunicacion@revertia.com


Longa vida  aos  teus residuos electrónicos!


“Longa vida  aos  teus residuos electrónicos!” é unha campaña de recollida de pequenos  aparatos eléctricos e electrónicos do Concello de Santiago de Compostela xunto coas empresas  Teimas  Desenvolvemento  S. L.,  Revertia e  Recyclia para a concienciación ambiental sobre a reciclaxe e reutilización de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos (PAEEs).

A finalidade foi incentivar a responsabilidade ambiental nos cidadáns e cidadás de Santiago de Compostela e mellorar os índices de reutilización e reciclaxe destes residuos e prever así graves problemas de contaminación da auga, do chan e emisións de substancias tóxicas.

A campaña enmarcouse dentro do programa Tropa Verde, onde a cidadanía que desexou participar podía rexistrarse na súa plataforma web para ir acumulando estrelas pola entrega de residuos eléctricos e electrónicos nos 15 puntos de recollida habilitados en centros socioculturais e polideportivos. Estas estrelas podían cambiarse por premios e descontos nos establecementos de Santiago que colaboran co programa e entrar directamente no sorteo de equipamento reutilizado (2 portátiles e 2 móbiles).

A campaña “ Longa vida  aos  teus residuos electrónicos!” completouse cun taller de  reutilización de equipos informáticos e un folleto informativo que chegou a todos os fogares da cidade. No transcurso do taller abordáronse temas como o borrado de datos, as formas máis sustentables de xestionar os residuos informáticos ou os trucos para aumentar a vida útil dos equipos. 


Programa da xornada:


10:15   Recepción de asistentes. 

 

10:30   Apertura da xornada.

           

            Alcalde ou Concelleiro de Medio Ambiente, Convivencia e Informática.

Concello de Santiago.

           

10:45   Oportunidadesde financiamiento europeo en materia de Economía Circular.

 

Dona Anabel Reodríguez, Directora executiva da Fundación para a Economía Circular

 

11:15  Impulsando a acción climática nas cidades.  

 

Don Xavier Labandeira, Catedrático de Economía e Director de Economics for Energy

 

11:45   Pausa - café


12:15  O destino dos refugallos electrónicos na Economía Circular.

 

            Don José Pérez. Consejero Delegado de Recyclia.

 

12:45  Resultados da campaña Longa vida aos teus aparellos electrónicos

 

            Teimas.

            Revertia.         

 

13:15 Pecheda xornada.

 

Concello de Santiago

Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando