Tropa Verde recibe o premio de "Boas Prácticas - Mellores Cidades" en Tallinn

Tropa Verde no  Festival do URBACT en Tallinn premiada como "Boa Práctica" 

6f853298430137f78aa0b996b43fb43fb311eda6

Os días 3 e 5 de outubro tivo lugar en Tallinn (Estonia) o URBACT City Festival, un evento dirixido a todas as cidades europeas interesadas en impulsar políticas de Desenvolvemento  Urbano Sustentable.

O Concello de Santiago de Compostela e a empresa Teimas Desenvolvemento estiveron presentes no Festival do URBACT como representantes de Tropa Verde, Reciclar ten premio!, iniciativa premiada como “Boa Práctica” debido ao seu esforzo de innovación.

En Tallinn reuníronse representantes dun total de 97 Boas prácticas, onde mostraron os seus avances e os seus procesos de traballo. En total 450 participantes vidos de centos de municipios europeos interesados en mellorar a calidade de vida e o futuro das súas localidades. O encontro estivo pensado tanto para as cidades premiadas como Boas Prácticas recoñecidas por URBACT, como para outros municipios familiarizados con esta rede que querían aprender e transferir coñecemento aos seus municipios.

O selo "Boas Prácticas", ademais de supoñer un recoñecemento ás solucións innovadoras, sustentables e integradoras, permite ás cidades converterse en líderes de rede e a transferir eses coñecementos a outras cidades europeas.

Miguel Varela e Marta Morán, como representantes de Tropa Verde, ademais de gozar da cidade asistiron á cerimonia de entrega de premios Good Practice onde recibiron o certificado de "Boa Práctica" para a cidade de Santiago de Compostela pola plataforma Tropa Verde e participaron en mesas redondas, sesións de networking, presentacións e paneis temáticos, explicando os obxectivos e experiencia logradas con Tropa Verde SCQ.  As sesións realizáronse no  espazo de intercambio do Tallinn 'Telliskivi Creative City', nun ambiente creativo único. 

Rematar cunha mención especial para os responsables do Punto Nacional URBACT en España e da oficina de innovación urbana Paisaje Transversal, polo apoio e o acompañamento aos municipios participantes e felicitar a todas as "boas prácticas" galardoadas

Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando