Tropa Verde como caso de éxito no Fórum #wasteinprogress

Teimas Desenvolvemento estará presente a próxima semana en #wasteinprogress, onde se darán a coñecer experiencias innovadoras e exitosas como é o caso de Tropa Verde

Ba10b2d886ffb73fbc9ebf2e44bcda62f39a8767
Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2017.- Teimas Desenvolvemento estará presente a próxima semana en #wasteinprogress, fórum internacional de xestión de residuos municipais que terá lugar en Xirona e no que se darán a coñecer experiencias innovadoras e exitosas como é o caso de Tropa Verde, iniciativa de concienciación ambiental desenvolvida por Teimas e da que a súa directora comercial falará con detalle o martes 7.

Tropa Verde iniciouse en Compostela en maio do 2015 e ademais da gran aceptación por parte da cidadanía e o comercio local que tamén se ve impulsado pola plataforma, a cidade de Santiago foi recoñecida por mor de Tropa Verde con premios tan importantes como os de Finalista como Cidade Sustentable na categoría de xestión de residuos, os Premios Xornalísticos Ecovidrio e, a finais do pasado ano,  co galardón Medio Aproema así como co premio R de Ecoembes dentro da categoría de Mellor Campaña de Sensibilización Ambiental das Administracións Públicas. Entre outras vantaxes, Tropa Verde promove o aforro no custo da xestión de residuos municipais.

#wasteinprogress é lugar de presentación de proxectos de innovación empresarial. O programa completo pódese consultar nesta ligazón:  http://wasteinprogress.net/es/programa/

Que é Tropa Verde?

Tropa Verde é unha platafoma multimedia que ten como obxectivo fomentar a reciclaxe e a responsabilidade ambiental entre a cidadanía, premiando de forma directa as boas accións ambientais. Desde 2015 está presente en Compostela e continúa a súa expansión noutros Concellos como Lugo, Redondela, Ames...

Poñer en marcha Tropa Verde na túa cidade é fácil. Infórmache sen compromiso en info@tropaverde.org ou info@teimas.com

Teimas Desenvolvemento é empresa tecnolóxica especializada ao 100% no sector residuos e desarrolladora, entre outros produtos, do software Teixo que xa empregan 170 plantas en España e Andorra

Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando