Sabes todo o que podemos conseguir reciclando aceite?

Despois da campaña escolar "Reciclar na escola ten premio" de aceite de cociña usado queremos resaltar a importancia de continuar reciclando este residuo.

Aceite
Seguro que escoitaches falar máis dunha vez do poder contaminante do aceite usado. Por polo en cifras, cada litro que deixas caer polo desaugadoiro da túa casa contamina nada menos que 1.000 litros de auga. Imaxina que cada familia arroxa un litro de aceite cada mes e multiplica...dásche conta da cantidade de auga limpa que podemos contaminar se non desterramos un hábito tan prexudicial? 

Ese aceite vaise acumulando no desaugadoiro, estes residuos afectan o sistema de rede de sumidoiros das cidades, bloquea o fluxo de auga, xera malos cheiros e pragas. Isto, combinado co lixo que chega á drenaxe e as choivas torrenciais, tradúcese en inundacións que se poden evitar.

O aceite de cociña, ao ser máis lixeiro que a auga, crea unha capa superficial que evita a súa oxigenación. Sen osíxeno, a auga comeza a cheirar mal e, ademais, asfixia ás plantas e animais que depende dela.

É o momento de pornos as pilas e cambiar. Porque ademais, é moito máis fácil do que pensas.

O hábito da reciclaxe chega aos fogares a través dos nenos, que piden ás súas familias que garden o aceite usado para levalo despois os centros especializados de recollida.

Estarasche a preguntar? e que se fai con tantísimo aceite usado? Que utilidade ten? Pois funciona á perfección como biocombustible. En Xapón recóllense cada ano máis de 450.000 toneladas de aceite en fogares e restaurantes. Co biodiesel obtido, por exemplo, puido iluminarse no inverno toda a ribeira do río Meguro, en Tokio. As lámpadas LED instaladas nas cerdeiras, emulando as flores desta árbore, alimentáronse con electricidade producida deste xeito.

Pero a cousa vai moito máis alá da simple decoración: existen aplicacións prácticas. En China, a aerolínea Hainan Airlines xa logrou que un avión con cen pasaxeiros a bordo voase de Xangai a Pequín empregando aceite reciclado como combustible, combinándoo con fuel convencional. Ademais do aforro que supón, con esta práctica as emisións de dióxido de carbono redúcense entre un 50 e un 80%.

Co aceite reciclado poden fabricarse máis cousas, como xabóns e pinturas. Pero xa ves que a túa implicación é importantísima para conseguir o obxectivo: aforro enerxético e redución da contaminación, tanto de nosa auga como do aire que respiramos. Busca o teu punto de recollida de aceite usado máis próximo e empeza a reciclar hoxe mesmo!

  • Problemática dos aceite de fritura vexetais:

-          - A contaminación da auga

-          - Problemas de drenaxe en tubaxes e desaugadoiros

-          - Custo elevado e mal funcionamento nas plantas depuradoras

-          - Alto custo de mantemento para os sistemas de rede de sumidoiros


  • Vantaxes da recollida selectiva de aceite defritura vexetais:

-          - Evitar a xeración dun residuo altamente contaminante da auga

-          - Redución na degradación e obstrución dos sistemas de saneamento

-          - Redución a dependencia de combustibles fósiles, para transformar este aceite nun biocombustible ecolóxico.

-          - Contribución á redución da contaminación atmosférica, porque este combustible emite me


Os nenos ensínannos a reciclar o aceite:

http://www.rtve.es/alacarta/videos/aqui-la-tierra/alt-reciclado-aceite-060415/3077516/

Foto de Beatriz Bonal
Voltar o listado