Recollida de xoguetes en bo estado nos colexios de Lugo
"Reciclar na escola ten premio", conxunto accións dirixidas aos centros locais de Lugo para a educación e a concienciación sobre aa 3R entre os máis pequenos.
A finalidade da campaña "Reciclar na escola ten premio" é incentivar a responsabilidade ambiental nos cativos e cativas, así como nas súas familias, mediante un concurso con diferentes recompensas, contribuíndo así á reducción dos residuos e optimizando a xestión destes. Neste caso, o proxecto implica a recollida de xoguetes en bo estado e non bélicos para a súa posterior doazón, dado a proximidade das datas de Nadal.
A campaña está dirixida a estudantes de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e os tres premios recaerán naquelas clases que consigan reunir máis xoguetes en bo estado ata o 19 de decembro do 2016. Na campaña participarán un total de 6 centros educativos que representan 30 clases e 800 alumnos e alumnas, A Ponte, Menéndez Pelayo, Cervantes, Casás, Rosalía de Castro e Fingoi.
Ata a data actual recolléronse 1.273 xoguetes nos diferentes centros, cifra que aumentará a próxima semana co peche de campaña.
O obxectivo fundamental das campañas que se sinala nas charlas ofrecidas pola Tropa Verde é facer felices a moitos nenos e nenas e evitar que moitos dos xoguetes acaben nos vertedoiros sendo desperdicios contaminantes.
Todos os xoguetes que os nenos e nenas levan os seus respectivos colexios serán recollidos pola Cruz Vermella Lugo.
Voltar o listado