Que sucede coas botellas de plástico que se tiran?

Que sucede con tres botellas de plástico en tres casos diferentes?

Plastico portada ok

O vídeo What really happens to the plastic youthrow away de Emma Bryce, con subtítulos en español, narra que sucede con tres botellas de plástico en tres casos diferentes: unha que se tira ao lixo, outra que simplemente se tira por aí e unha terceira que se recicla, e explicando o proceso e as consecuencias que ten refugar dun modo ou outro cada unha desas botellas.

Nos océanos hai flotando millóns de toneladas de plásticos, a maior parte dos cales se concentran en cinco ou seis vórtices causados polas correntes mariñas. Un terzodo total acumúlase no gran vórtice de lixo do Pacífico.

Estas concentracións de lixo non apareceron de forma espontánea e é evidente que un aumento da poboación, do consumo e unha mala xestión dos residuos leváronnos a deixar os océanos como unha cloaca. O peor é que os animais mariños foron os primeiros afectados e, como consecuencia da cadea trófica, nós tampouco imos librarnos.

Voltar o listado