OCU lembra que os establecementos deben facilitar a reciclaxe dos cartuchos de tinta e tóner

Os cartuchos pasan a estar sometidos ás obrigacións de control e tratamento establecidos no Real Decreto 110/2015 que regula os residuos de aparellos eléctricos e/ou electrónicos. 


Large printer 933098 1280
A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) lembrou que os establecementos deben facilitar a reciclaxe dos cartuchos de tinta e tóner, ante a entrada en rigor da normativa que contempla que pasan a considerarse residuos eléctricos e electrónicos, como o propio dispositivo. Así, estes cartuchos pasan a estar sometidos ás obrigacións de control e tratamento establecidos no Real Decreto 110/2015 que regula os residuos de aparellos eléctricos e/ou electrónicos. 

Ademais, tamén pasan a ser RAEE outros pequenos materiais eléctricos que ata agora non estaban contemplados, como os enchufes, sensores, relés, interruptores de emerxencia, as luminarias domésticas ou os aparellos de xeración, transformación, acumulación e medición de enerxía. Esta responsabilidade, coñecida como responsabilidade ampliada do produtor, poderase levar a cabo individualmente, é dicir, que o fabricante pode establecer un sistema de recollida e tratamento individual, ou de forma colectiva, como fixeron ata agora a maioría de fabricantes de electrodomésticos. 

 Para os usuarios finais (consumidores), queda prohibido o abandono ou a entrega a xestores non autorizados, é dicir, débese entregar o vello aparello ou os residuos na tenda onde se adquira un novo. Neste sentido, OCU lembra que as tendas online están obrigadas a recollelo, igual que as tendas físicas e que os consumidores deben esixilo, agás se é dun fabricante que teña sistema individual. Nese caso, a tenda ou o fabricante terán que indicar como entregalo.Segundo OCU, asegurar unha xestión "adecuada" destes residuos é un paso "importante" e "necesario" para evitar danos ao medio ambiente e recuperar recursos aproveitables. Con todo, considera que sería máis efectivo traballar desde a súa fabricación por eliminar as partes electrónicas que conteñen.

Segundo OCU, asegurar unha xestión "adecuada" destes residuos é un paso "importante" e "necesario" para evitar danos ao medio ambiente e recuperar recursos aproveitables. Con todo, considera que sería máis efectivo traballar desde a súa fabricación por eliminar as partes electrónicas que conteñen.

Voltar o listado