Adornos de nadal con materiais reutilizados

Achégase o nadal e hai que poñerse ao choio para decorar a nosa casa, neste resumo preséntanse diferentes adornos con material que hai en tódalas casas, así ademais de decorar estaremos a axudar a non contaminar o medio ambiente.

2f742fed157099dcbbfa5a8ace71da04e9871169
Estrela de nadal con papel hixiénico

Materiais: Papel hixiénico, tesoiras, pinturas acrílicas dourada e prateada, pegamento, se queres tamén podes poñer un pouco de purpurina, fío para colgar.

Paso a paso: Recórtanse os tubos de papel hixiénico en dous ou tres anacos cada un. Se chafan un pouco , logo píntanse e finalmente péganse uns con outros coma se fosen copos de neve.

Copos de neve con botellas

Materiais: botellas de plástico, tesouras, cuter, rotuladores dourados ou prateados permanantes, fío para colgar.

Paso a paso: Os copos de neve con botellas de PET, fanse dunha forma moi sinxela, usando a parte inferior da botella PET que ten forma de flor.

Un corte selectivo da parte inferior, descubriranos unha fantástica forma da botella que nós converteremos nun copo de neve para a nosa árbore de nadal.

Cun cúter afiado faremos o corte da peza. Non hai que preocuparse, se te equivocas, téntao con outra botella. Por desgraza, nas nosas sociedade non é un obxecto que sexa escaso.

Unha vez cortada hai que poñerlle un pequeno aro de arame ou na súa falta, un trocito de cordel ou corda, o que fará que se poida colgar da árbore, pero iso farémolo despois da pintura. Para non manchalo accidentalmente.

Logo vén a decoración. Usaremos rotuladores permanentes e un pouco de imaxinación.

Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando